CURSO 2014-2015

Avanzado

Módulo 2

Ferramentas de autor
 

Gimp

domingo, 11 de marzo de 2012




 GIMP 2.6 é unha ferramenta informática que permite o retoque fotográfico ou de imaxes en software libre. De feito, GIMP é un acrónimo de GNU Image Manipulation Program.
Ao ser software libre, calquera persoa pode utilizalo libremente e para calquera cometido sen necesidade de pagar licenzas.
O GIMP é unha boa alternativa a coñecidos programas de retoque de imaxes, como o programa de pago Adobe Photoshop.

Descargar carpeta de exercicios:
http://dl.dropbox.com/u/27261558/gimp.zip

O GIMP é un programa idóneo para:
  • retocar as nosas fotografías dixitais
  • crear imaxes
  • facer fotomontaxes
  • construír pequenas animacións
  • converter formatos de imaxe

Descargar Gimp http://www.gimp.org/downloads/
MANUAL DE GIMP: http://docs.gimp.org/es/


Video Titorial

Servidor do centro: Abalar

sábado, 3 de marzo de 2012






O servidor que temos no centro pódese utilizar para gardar recursos interactivos (como os de Espazo Abalar) e tamén documentos, imaxes e outros arquivos nosos que lle queiramos pasar aos alumnos sin ter que recurrir ás contas de correo ou a poñelos nunha web. Só tede en conta que o acceso faise unicamente desde o centro e que non debemos usalo como un "almacén privado".
Os Asesores Abalar fixeron un manual moi completo da aplicación que nos permite subir e xestionar os nosos recursos. No seguinte enlace tedes unha pequena parte:



Acceso o Servidor do centro: Estou nunha Aula Abalar